O PSOE de Vigo propón a Gonzalo Caballero como candidato galego ás europeas, e o de Santiago a Nicolás González Casares

A candidatura de Gonzalo Caballero foi defendida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen destacou ao político vigués como a mellor opción posible pola súa traxectoria e valía.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 18/04/2024

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, como candidato galego ás eleccións europeas. Segundo informaron a Europa Press fontes socialistas, a executiva socialista da cidade propuxo a Gonzalo Caballero como candidato galego ás eleccións europeas e a asemblea, celebrada na noite do mércores, aprobou a proposta por aclamación.

A candidatura de Gonzalo Caballero, conforme indicaron estas fontes, foi defendida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen destacou ao político vigués como a mellor opción posible pola súa traxectoria e valía. Outras fontes sinalaron que o actual eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, pediu tamén o apoio dos militantes vigueses, pero finalmente, aínda que algúns membros da executiva recoñeceron o labor do político de Lalín nas institucións europeas, a única proposta apoiada foi a candidatura de Gonzalo Caballero.

Precisamente, nas eleccións europeas de 2019 o actual eurodeputado lalinense foi o elixido para integrar a lista nun momento no que se postularon nas asembleas o que fora europarlamentario no anterior mandato, o exministro José Blanco, e así como o socialista coruñés Orestes Suárez. Neste proceso, no que a executiva viguesa, cidade na que reside Caballero, propuxo o nome de Gonzalo Caballero, o que fora secretario xeral do PSdeG decidiu non postularse nas distintas agrupacións.

ASAMBLEA DO PSOE COMPOSTELÁN

Pola súa banda, a asemblea do PSOE compostelán propuxo na tarde deste xoves ao actual eurodeputado galego Nicolás González Casares como candidato galego para as próximas eleccións europeas. En concreto, a proposta da executiva local foi aprobada por aclamación no encontro celebrado ás 20.00 horas na Casa do Pobo e o político de Lalín foi o único galego proposto no encontro para este proceso electoral.

No acto, tal e como indicou o secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, puxo en valor o traballo desenvolvido por González Casares durante estes cinco anos nas institucións europeas en beneficio da cidade compostelá. Precisamente, o propio eurodeputado visitou a pasada semana a sede do PSOE local para manter un encontro coa militancia e trasladarlle o seu labor.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Agora que regresou Regades á Zona Franca e Besteiro ten liña directa con López Font ambos na Cámara Galega a partir un piñón... Abel Caballero quita do medio os ESTORBOS e bota para Bruxelas ao Sobriño Díscolo ! Volverán repartir os cartos da ZFV sen límite e sen que ninguén meta o nariz. O outro Abel Losada xa andan visitando aos alcaldes da Raia con Portugal para ver como se poden mover os capitais transfronteirizos... A tropa volve ás andadas...


O eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, en encontro con militantes en Santiago / PSOE COMPOSTELA

O aspirante á reelección como secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha entrevista con Europa Press / PSDEG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.